Este blog é o froito dun ano de traballo nun proxecto sobre paisaxe e sustentabilidade promovido pola consellería de cultura, educación e ordenación unviersitaria dentro do PLAN PROXECTA de innovación educativa.
O seu obxectivo fundamental é o de sensibilizar ó alumnado sobre a súa contorna, entendendo que PAISAXE é a percepción que o ser humano ten dos espazos nos que habita, e asimesmo aceptando o papel activo que ten o home na transformación deses espazos...
Adoitamos percibir os sitios cando viaxamos, observamos os lugares como imaxes que reter na nosa memoria, para gardar esas vivencias como tesouros, pero esquecemos na vida diaria esa percepción, convertíndose os expazos nos que máis tempo vivimos en transparentes, inexistentes, non lles adicamos atención nin entendemos o noso papel observador e transformador.
Terntaremos a través de diferentes actividades e proxectos modificar esa percepción, interesarnos polo próximo e cotiá, entender mellor os espazos que habitamos e plantexar posibilidades de transformación.
Entendemos que a representación gráfica é un medio de expresión e comunicación universal que nos permite observar, analizar, estudar e imaxinar o que nos rodea e compartilo cos demáis seres da nosa comunidade (un concepto básico e fundamental do que debemos entender por cultura)
Tamén entendemos que o concepto PAISAXE só existe cando ademáis dun lugar existe un observador que o contempla e interpreta, e que esta faceta debe extenderse a todos os espazos de actividade humana.
Deste primeiro paso de consciencia do que existe e nos rodea partirá a nosa capacidade crítica e transormadora. Poderemos entender asi que o SUSTENTABLE xurde da nosa capacidade de transformar e equilibrar as nosas necesidades co que o medio que habitamos pode ofrecernos. Que dos recursos limitados podemos facer a base da nosa estratexia de xestión do medio. Tentaremos que a nosa propia actividade parta desta filosofía: empregar poucos medios e sacarlles o maior resultado posible.