mércores, 20 de maio de 2015

outras visións (IES)



Organízanse un ciclo de charlas para que os alumnos teñan diferentes visións de varios poñentes sobre os temas e a áres que traballamos e visitamos:

Martes 5 de maio: Fotografía das paisaxes, por Ana Fresco.
Ana fresco ademáis de ser profesora de lingua española no IES é tamén fotógrafa. Prestouse a colaborar e presentoulles ós alumnos un breve percorrido sobre a fotografía deautor, centrándose na temática de paisaxe e contándolles tamén algúns aspectos técnicos: composición (regra dos tercios, temática, interpretación, o que lles deu ós alumnos novas perspectivas de cómo ollar a paisaxe a través da cámara e da vista personal de cada autor-

Luns 11 de maio: Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atláticas de Galicia, por Beatriz Gamallo Liste e Ana Vilas Paz.
Beatriz e Ana, gardas do parque nacional amosáronos a transcendencia que ten a figura do parque nacional como figura legal para preservar os espazos naturais de interés e realizar actuacións de conservación e mellora destes espazos. Falaron de cómo o home intervén nas paisaxes con actuacións negativas e positivas, que poden deteriorar ou mellorar o medio natural e facelo convivir coa acción humana. Estratexias de conservación e mellora destes espazos dende a óptica ecoloxista, conservacionista e didáctica destes lugares.

Mércores 13 de maio: Bouzas, olladas salgadas, por Puri Pérez Leirós.
Puri falounos do barrio de bouzas dende a perspectiva de habitante do barrio e tamén como autora do libro “Bouzas olladas salgadas” onde fai un percorrido histórico polos espazos desta antiga vila, hoxe incorporada á cidade de Vigo. A súa experiencia pedagóxica con rapazes de secundaria, xa que foi profesora de Ciencias Sociais, permitiulle achegarse máis de perto á percepcións dos alumnos, traballando a través dos debuxos que eles previamente realizaran e descobríndolles datos históricos e sociais que descoñecían, deixando clara a orixe mariñeira deste emprazamento e a súa evolución tanto espacial como económia e social.

Xoves 14 de maio: Arte e natureza no mundo e en Galicia, por Antón Sobral Igleisas.
Antón Sobral, artista plástico multidisciplinar, antigo decano e profesor de Arte na Escola Superior de Conservación  e Restauración de Bens Culturais en Pontevedra, fixo un percorrido pola obra de diferentes autores internacionais que traballan a paisaxe nas súas obras, para logo centrarse en actuacións realizadas en Galicia e obradoiros que el organiza con diversos artistas. A súa charla abriulles ós alumnos novas visións das intervencións artísticas na paisaxe, e modos de intervir nela, dende obras de recoñecemento internacional ata experiencias locais relacionadas coa paisaxe e cultura galegas.

Venres 15 de maio: Rexeneración das dunas da Praia da Fontaíña, por Diego Rodríguez Vieites.
Diego veu como representante do grupo ecoloxita ERVA, que realizou una das intervencións pioneiras da rexeneración de dunas. Explicounos o proceso de conservación e mellora dos espazos dunares e  as estratexias de actuación para a súa rexeneración e mantemento. Esta acción tivo repercusión en actuacións posteriores en outras praias nas que serviu de exemplo.

Venres 15 de maio: Ensanche de García Olloqui, por Marta Filgueira.
Marta Filgueira, historiadora da arte e con estudos feitos sobre esta zona de ensanche da cidade de Vigo, fixo un percorrido histórico polos proxectos e actuacións nesta zona da cidade, primeiro crecemento planificado extramuros. Amosounos imaxes da evolución tanto dos espazos públicos e portuarios como das edificacións na zona e arepercusión para o crecemento do resto da cidade.

Luns 18 de maio: As rúas do casco vello de Vigo, por Eduardo e Damián Giménez.

Pai e fillo foron residentes do casco vello en diferentes épocas: Eduardo de pequeno, cando esta zona se convertía en todo o seu mundo, onde xogaba e protagonizaba a vida do barrio central dunha cidade en pleno crecemento. Estas experiencias do casco vello a través dos ollos dun neno foron as que nos transmitiu. Damián, residente actual, profesor de historia, complementou a visión con referencias de imaxes do pasado, revisando unhas paisaxes desaparecidas ou modificadas na actualidade.

Ningún comentario:

Publicar un comentario