Cada aula prepara un panel onde tentan resumir o traballado: o plano no pasado e presente, as propostas de futuro, as paisaxes percibidas e debuxadas.
Trabállase tamén o modo de presentación e
representación sobre o panel. Unifícanse formatos e fondos e escóllense as
imaxes que entende máis representativas.
Os grupos de 1ºA e 1ºC realizan na terceira
avaliación maquetas en grupos sobre paisaxes simbólicas nos países anglosaxóns (big
ben, empire state, ponte de Londres, …) e sobre propostas para diferentes
paisaxes escollidas por eles mesmos (dreaming house, ponte sobre a ría, novo
estadio de fútbol, ximnasio, parque de atraccións).







Ningún comentario:
Publicar un comentario