mércores, 26 de novembro de 2014

Enlaza Vigo (AULA-PRÍNCIPE)



Enlaza Vigo é un proxecto promovido polo concello de Vigo que trata de formar ós xóvenes na igualdade de xénero e previr conductas que fomenten calquera tipo de violencia relacionada con este tema. Nesta edición centrouse en tratar os problemas relacionados co ciberacoso.



actividades:
deseño de dous carteis contra o ciberacoso
traballo previo individual a escala e selección entre os grupos dos carteis representantes
traballo colectivo dos carteis e cambio de escala
intervención no espazo público




Esta actividade permitiu facer un traballo de escolla que partía da proposta individual, implicaba un proceso colectivo de elaboración e unha intervención final no espazo público da cidade, o que da a posibilidade de que os alumnos vexan reflectidas as súas ideas e decisións nos lugares da cidade que habitan. Ó tempo que analizan novas problemáticas sociais conforman unha paisaxe efémera.


martes, 25 de novembro de 2014

A colcha solidaria (AULA)


traballo cooperativo e de igualdade, valoración dun traballo tradicional da muller





Este proxecto céntrase fundamentalmente no recoñecemento da igualdade de xénero, e como proceso escolle a costura, actividade relacionada tradicionalmente co mundo da muller, facendo unha posta en valor deste traballo que ademáis ofrece outros valores educativos transcendentes: o traballo colectivo, o contacto entre iguais, a cooperación e coordinación de traballos: marcar, cortar, coser, compor. Desenvolve os conceptos estéticos e xeométricos de malla, ortogonalidade, proporción, escala, textura, cor, contraste. Pero tamén configura finalmente unha Paisaxe recoñecible e identificable, e unha ver rematada a colcha comeza a convivir cos espazos do centro.


mércores, 5 de novembro de 2014

Antón Pulido (EXPO)



visita á exposición de A Fundación da obra de Antón Pulido










traballo previo de aula 3º ESO
entrevista co artista



obradoiro de grupo

Xurde de modo fortuito a posibilidade de visitar a obra de Antón Pulido que expón na sala do teatro García Barbón, organizado pola Fundación, tamén xurde o problema de que o cupo de visitantes nos permite levar so a un grupo, polo que se plantexa o primeiro proxecto colectivo, no que cada grupo de 3º ESO fará un traballo para expor na aula e o máis elaborado será o que poda facer a visita. No día temos a sorte de ter ademáis dunha guía a presenza do propio artista que conversa cos alumnos e logo accede a ter unha entrevista que se publicará na revista do centro. Tamén se fai un obradoiro no centro cultural A Fundación sobre a representación na obra de Antón Pulido. 

luns, 3 de novembro de 2014

Comezando...

Este blog é o froito dun ano de traballo nun proxecto sobre paisaxe e sustentabilidade promovido pola consellería de cultura, educación e ordenación unviersitaria dentro do PLAN PROXECTA de innovación educativa.

O seu obxectivo fundamental é o de sensibilizar ó alumnado sobre a súa contorna, entendendo que PAISAXE é a percepción que o ser humano ten dos espazos nos que habita, e asimesmo aceptando o papel activo que ten o home na transformación deses espazos...

Adoitamos percibir os sitios cando viaxamos, observamos os lugares como imaxes que reter na nosa memoria, para gardar esas vivencias como tesouros, pero esquecemos na vida diaria esa percepción, convertíndose os expazos nos que máis tempo vivimos en transparentes, inexistentes, non lles adicamos atención nin entendemos o noso papel observador e transformador.

Terntaremos a través de diferentes actividades e proxectos modificar esa percepción, interesarnos polo próximo e cotiá, entender mellor os espazos que habitamos e plantexar posibilidades de transformación.

Entendemos que a representación gráfica é un medio de expresión e comunicación universal que nos permite observar, analizar, estudar e imaxinar o que nos rodea e compartilo cos demáis seres da nosa comunidade (un concepto básico e fundamental do que debemos entender por cultura)

Tamén entendemos que o concepto PAISAXE só existe cando ademáis dun lugar existe un observador que o contempla e interpreta, e que esta faceta debe extenderse a todos os espazos de actividade humana.

Deste primeiro paso de consciencia do que existe e nos rodea partirá a nosa capacidade crítica e transormadora. Poderemos entender asi que o SUSTENTABLE xurde da nosa capacidade de transformar e equilibrar as nosas necesidades co que o medio que habitamos pode ofrecernos. Que dos recursos limitados podemos facer a base da nosa estratexia de xestión do medio. Tentaremos que a nosa propia actividade parta desta filosofía: empregar poucos medios e sacarlles o maior resultado posible.