Aqui tratábase de ver as referencias espaciais, os temas preferidos polos alumnos tanto reais como imaxinarios, os lugares desexados.
luns, 4 de maio de 2015
paisaxes referentes (AULA)
Aqui tratábase de ver as referencias espaciais, os temas preferidos polos alumnos tanto reais como imaxinarios, os lugares desexados.
luns, 20 de abril de 2015
As miñas paisaxes (CONTORNA)
Neste proxecto téntase que os alumnos se identifiquen cos espazos vividos por eles, onde recorden experiencias propias e se sintan protagonistas do propio espazo.
O proceso organizouse cuns primeiros
bosquexos nos que buscar varias referencias e logo escoller un para realizar
nunha lámina A4 e probar diferentes técnicas de representación (xa que
anteriormente se traballaran texturas e cor, asi como se fixeran probas de
traballo con pincel na creación do círculo cromático e probas con augadas.
xoves, 16 de abril de 2015
pasear paisaxes (VISITAS)
percorridos
por diferentes zonas da cidade repartidas por grupos:
A:
casco vello de Vigo, B: Bouzas, C: contorna de Toralla, D: ensanche
de García Olloqui
identificar
fitos, rúas, edificios e espazos públicos
analizar
os diferentes elementos relacionados coa paisaxe urbana:
espazos
verdes, prazas, rúas, edificios, relación co mar
visitar
espazos musealizados relacionados coa evolución das paisaxes
urbanas:
A:
Castro de Vigo. B: porto de Bouzas e IES Audiovisual, C: ECIMAT e
Centro de interpretación romana de Toralla, D: Salinas do Areal de
Vigo
Establécense
catro grupos de traballo (un por aula) nos niveis de 1º e 3º de ESO
para non ser reiterativos e que cada grupo ensine cousas novas ós
demáis. Do mesmo xeito dentro de cada aula subdivídese en cinco
temáticas diferentes (espazos verdes, prazas, rúas, edificios,
relación co mar), conformando grupos de 5-6 alumnos que teñen que
analizar, propoñer, debatir e decidir sobre o estado actual do lugar
e as propostas de futuro.
Para
as visitas prepáranse uns planos nos que se destacan fitos de
imprtancia que os alumnos teñen que identificar e descubrir durante
o percorrido e logo tratar na aula. Faise fincapé nos cambios
producidos ó longo da historia nesas zonas e a súa improtancia para
a evolución urbana e cultural. Plantéxaselles tamén as incógnitas
sobre o futuro desas transformacións...
Os
alumnos escollen tamén un lugar que lles chame especialmente a
atención dentro do percorrido e fan un primeiro bosquexo que logo
transformarán en debuxo rematado.
Grupo A: o casco vello de Vigo
Os comezos da cidade de Vigo sitúanse nesta
área. Observamos un núcleo emprazado na beira do mar e vencellado ó monte do
Castro, onde visitamos os restos do asentamento castrexo e o seu modo de
emprazarse no territorio. Convivimos logo cunha estrutura urbana de orixe
medieval e edificacións de diferentes épocas que nos amosan o percorrido
histórico da cidade. Transitamos polo barrio vello baixo, donde analizamos a
través de fotografías, planimetría e en directo as transformacións na relación
da cidade con mar, especialmente no Berbés, onde o desenrolo portuario nos
alonxa da beira do mar. Paseamos rúas e apreciamos a súa escala, transformacións,
actividades. Observamos como tamén edificacións de diferentes épocas
condicionan e modifican as paisaxes urbanas e a vista do mar (hotel Bahía,
centro comercial da Laxe). Experimentamos pisar a antiga beira do mar.
Observamos os pequenos restos da muralla que tiñamos visto nos planos antigos,
habitamos espazos de uso comunitario, como o lavadoiro de poboadores. Visitamos
os edificios da rúa Real rehabilitados para os rexistros de Vigo, apreciando
como conseguir novos usos e novas paisaxes na rehabilitación e transformación
da cidade.
Cruzamos a rúa Elduayen, de trazado
posterior, que divide o casco vello baixo do alto e adentrámonos na zona que
ten sido máis transformada nestes años polas obras de rehabilitación dos
edificios de uso residencial. Apreciamos tamén os cambios na aparición de novos
locais, cun enfoque comercial de pequeña escala que modifican a actividade e a
paisaxe do barrio. Ocupamos o espazo fortificado de San Sebastián e a súa
difícil relación con edificio do concello. Apreciamos a silueta da Panificadora
na praza do Rei e as posibilidades de rexeneración destes espazos, como novas
paisaxes referentes para a cidade. Subimos á torre do concello para ter unha
vista global do casco vello.
Xa de volta a charla de Eduardo e Damián Jiménez
enriqueceu as nosas experiencias a través das súas propias como habitantes e
coñecedores da historia deste lugar. Finalmente na aula vimos exemplos de
propostas como o proxecto de intervención no Barrio do cura, os concursos para
novos usos da Panificadora ou a proposta de Moneo para o novo edificio do
concello.
Os alumnos reúnense nos cinco grupos e
analizan o plano, o seu estado e fan proposta de futuro. Logo un representante
de cada grupo fan unha posta en común tentando facer unha proposta conxunta. O
resultado exponse no centro.
Grupo B: a vila de Bouzas
Os trazados urbanos da Vila de Bouzas
amósanos un antigo concello moi vencellado ó mar e ás súas actividades.
Tratamos de identificar eses espazos e polos en valor dentro do contexto actual
como outro referente histórico dentro da cidade actual. Percorrimos a zona
portuaria e percibimos a súa dimensión. Polo interés que ten para o alumnado
visitamos o IES Audiovisual, unha das edificacións que se atopan dentro do
terreo gañado ó mar. Seguimos a pe sobre a traza do que sería en tempos a beira
do mar, o derradeiro estaleiro tradicional da zona, chegando ata a fachada da
antiga fábrica de Alfageme, un dos lugares que máis sorprenderon ós alumnos.
Voltamos polo interior percorrendo a rúa do cruceiro e Tomás Alonso, por onde
pasaba o tranvía e chegamos á alameda de Bouzas, a partir de onde percorrimos
todo o núcleo histórico da vila.
Pudemos percibir a escala miúda de prazas,
rúas e edificios, algún xa en proceso de rehabilitación.
Ocupamos e debuxamos as paisaxes
conformadas na actual liña de costa e o enfrontamento de escalas entre o núcleo
tradicional e o recheo portuario e os usos actuáis desta franxa litoral, máis
alonxados dos tradicionais mariñeiros.
Xa de volta no centro a Visita de Puri
Pérez Leirós ampliounos esta visión histórica da vila guiándonos a través dos
debuxos dos propios alumnos polos recordos vividos e estudados por ela nunha
charla que integrou moi ben o pasado e o presente desta parte da actual cidade.
O traballo dos grupos afondou nesta relación entre o núcleo tradicional e o
recheo portuario, a liña de costa e as posibidades de futuro.
Grupo C: a illa de Toralla e areal do Bao
Os espazos naturais costeiros do concello
de Vigo atópanse nos extremos máis alonxados da zona portuaria. Escollimos
Toralla pola súa significación e exemplo de diferentes intervencións na beira
litoral. Apreciamos a presión da urbanización litoral dos anos setenta nas
construccións e infraestructuras da illa de Toralla. Visitamos o único edificio
público da illa: a ECIMAT (centro de investigacións mariñas relacionado coa
universidade), onde se estudan e traballan diferentes elementos relacionados
coa calidade das augas e o cultivo de especies mariñas vexetais e animais. Logo
percorrimos os espazos abertos e zonas verdes da illa.
Cruzamos a ponte e visitamos o centro de
interpretación da vila romana de Toralla, a antiga finca de Mirambel, onde
descobrimos como xa na época romana a beira do mar era empregada para a
construcción de salinas. Apreciamos a importancia dos asentamentos romanos na
zona e a súa relación co mar.
Recoñecimos a recuperación dunar da Praia
do Bao.
Xa de volta no centro comparamos as
diferentes fases de intervención degradación e recuperación dos areais, a
ocupación da illa a partires dos anos 60. Tivemos tamén a oportunidade de ter
una charla sobre a recuperación dunar a cargo de Diego Rodríguez Vieites, do
grupo ecoloxista ERVA, centrado na rexeneración dunar da Praia da Fontaíña, un
exeplo pioneiro neste tipo de intervencións.
Analizamos e comparamos a evolución da
pegada do home nestes espazos e observamos esa nova filosofía de rexeneración
dos espazos naturais, onde destacaba a semellanza entre as ortofotos máis
antiga e máis actual da zona.
Finalmente os alumnos discuten e proponen
alternativas de futuro para estes espazos.
Grupo D: o ensanche de Garcia Olloqui
Os primeiros crecementos extramuros da
cidade de Vigo xurden dun planeamento previsto dende diferentes propostas de
ensanche, un modelo urbano de cidade planificada cun trazado cartesiano de vías
paralelas e perpendiculares á liña costeira,
neste caso por terreos gañados ó mar. Achegámonos a esta área e
percorrimos a súa beira, na zona náutico-deportiva e o parque de Montero Rios,
percorrimos o trazado das mazas, con exemplos de arquitectura da época, como a
casa Múlder de 1910 do arquitecto Gómez Roman, posteriores, como o edificio do
club náutico de 1944 de Francisco Castro Represas, ou de arquitectura
contemporánea como os proxectados nos anos 60 e 70 de Xosé Bar Boo. Percorrimos
a praza de Compostela (a Alameda de Vigo) con exemplos da arquitectura de
Pacewicz de principios do s. XX. Apreciamos a prolongación doensanche nas
actuacións posteriores na banda do Areal e rúa Rosalía, chegando ata o centro
Salinae, na cimentación do centro de saúde da rúa Rosalía, onde pudemos
apreciar a magnitude das salinas romanas na zona, previas ós recheos do
ensanche.
Xa de volta apreciamos na charla de Marta
Filgueira toda a evolución dos diferentes proxectos de ensanche ata a súa final
realización. A evolución dos terreos gañados ó mar e a influencia da peuqena
área finalmente realizada do ensanche nos crecementos posteriores da cidade e a
súa relación co antigo camiño de Pontevedra.
Os alumnos reuníronse e fixeron una análise
de todos estes procesos e plantexaron propostas para o futuro, facendo fincapé
nos posibles cambios de uso na zona e o seu grao de humanización.
venres, 27 de marzo de 2015
paisaxe de texturas (AULA-CENTRO)
Un dos traballos de curso na programación é o de tratamento de cor e texturas: gamas monocromáticas, bicromáticas, texturas xeométricas e orgánicas. Neste caso tratouse de buscar unha referencia no propio edificio para a modulación das mallas que servirían para os patróns do traballo, e tomouse como base a modulación do mosaico das columnas da sala de entrada ó edificio: un mosaico de 25 x 25 mm., que daba un módulo de traballo de 8 x 8 casillas e un cadrado de 20 x 20 cm. Con este módulo traballáronse os diferentes temas, sempre cuna primeira lámina de mostra e unha segunda de composición libre, ata un total de 8 láminas por alumno (gamas monocromáticas, bicromáticas, texturas xeométricas, orgánicas)
venres, 27 de febreiro de 2015
Arte e Natureza: LAND ART (AULA-REDE)
traballo
individual dun artista de land art
a
paisaxe como medio expresivo
os
materiais do propio lugar como recurso para a expresión plástica
A
decisión de traballar sobre o land art ten unha referencia evidente
á idea de paisaxe, xa que a filosofía de partida sempre é a de
obras de arte que parten do entendemento do lugar e das súas
cualidades, e como a intervención humana pode facer máis evidente
estas cualidades, en definitiva darlles un valor cultural. Os alumnos
descubren asi un novo modo de traballo e representación do feito
artístico, tratandose na maior parte dos casos de obras efémeras
que teñen a súa conexión co público a traves da fotografía ou a
reportaxe audiovisual.
luns, 19 de xaneiro de 2015
Arte e Lixo (EXPOS)
contacto
coa arte contemporánea, concepto de arte conceptual e novas
estéticas
O
lixo como material para a arte: deseño e reciclaxe, arte
comprometido coa ecoloxía e o medio. Análise
dos materiais plásticos. Durabilidade e degradación.
Arte contemporánea e novas estéticas. A obra de Ignacio Uriarte como proceso de investigación entre o mundo analóxico e dixital.
luns, 15 de decembro de 2014
Bosque de nadal (CENTRO)
Representación
no patio de columnas do centro (edificio deseñado polo arquitecto
Jenaro de la Fuente) dun bosque
Traballo
colectivo e de representación no propio centro
Proponse como instalación de nadal un bosque aproveitando as columnas do espazo de entrada ó centro. A instalación execútana os propios alumnos como colectivo e colgan os seus adonrnos de nadal realizados con materiais reutilizados: cartón, calcetíns, papel de revista,...
As
árbores das columnas gustan e decidese prolongar a súa instalación
ata o mes de marzo. Enténdese como un xeito de destacar a calidade
espacial desta zona. Doutra banda apreciase como dita columnata, cun
acabado orixinal de mosaico claro, se atopa na actualidade pintada en
dous tons a media altura que rompen o espazo. Unha proposta a longo
prazo sería ou ben restaurar o mosaico orixinal ou darlle un novo
acabado homoxéneo en toda a súa altura para recuperar a calidade
espacial orixinal. (comezamos a falar do valor cultural e patrimonial
do edificio e da importancia no mantemento dos espazos que habitamos)
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)















