luns, 8 de decembro de 2014

Eu son

Este proxecto tentou identificar ó individuo para crear conciencia propia individual e colectiva como primeiro paso para logo identificar os lugares que habitamos.
planificamos varias fases, dende as iniciais de curso, onde nos identificabamos fronte ó grupo e buscabamos unha imaxe de grupo conxunta ata o uso dunha tipografía técnica na que cada un aproveitase para describirse, como un autorretrato escrito.

o grupo:




deseño do logotipo da clase individual e selección grupal.
primeiro bosquexo individual e selección en grupo, segundo bosquexo sobre a idea de grupo e selección final do logotipo.
tentouse asi traballar unha imaxe do colectivo e unha primeira aproximación ó mundo do deseño.

deseño do logotipo do grupo

 traballamos tamén a identificación a traves do deseño dunha carpeta con material reciclado, o custo debía ser cero e os materiais reaproveitados.


deseño da carpeta de curso de cada alumno 

o individuo:


deseño do nome de cada alumno incorporando o logotipo da clase

como excusa de facer a ficha de aula propúxoselles ós alumnos que deseñasen o seu propio nome, no que identificarían tamén o grupo ó que pertencían co deseño do traballo anterior e facerse unha fotografía co seu nome. Tentouse convencer, pero non se forzou a facelo a aqueles alumnos que non querían participar (respecto deste tema hai moito traballo par facer no tocante á aceptación da propia imaxe, ó uso desta e o concepto de imaxe pública e privada, algo deste traballo se fixo na aula analizando a nosa imaxe e os modelos que se empregan na publicidade)

Eu son...

aprendizaxe dunha tipografía técnica, enlaces e tanxencias
descrición da propia personalidade
eleboración individual dun díptico con montaxe colectivo no centro











Un traballo xa preestablecido do curso era o de incorporar unha tipografía técnica para rotular os exercicios (en concreto a ISOCPEUR), cun traballo mecánico, case caligráfico, no que se introduciron os conceptos de segmento e arco como conformadores do grafismo, entendendo tamén a letra como debuxo e a tipografía como elemento gráfico común de comunicación. Logo da práctica de aprendizaxe plantexouse o seu uso para autodefinirse: eu son... onde cada un se calificaba libremente e logo expoñía nun breve párrafo o porqué desa definición.
Finalmente se fixo unha exposición nunha parede do centro, onde cada un penduraba o seu propio “eu son” ata conformar un conxunto de igual forma e diferente contido.

Ningún comentario:

Publicar un comentario