Nas últimas semanas de curso nos centramos en ensinar no centro os traballos feitos ó longo do curso. De novo a sala de columnas vai ser o lugar escollido e van ser varios os traballos que se desenvolverán ó mesmo tempo:
-O mosaico de texturas ocupará dúas das paredes da sala, seguindo un proceso aleatorio de montaxe no que van intervindo todos os alumnos.
-Nas propias columnas unificarase a cor forrándoas con papel, cada una das columnas representará un área estudada, e os alumnos libremente debuxarán paisaxes retidas na súa memoria. Outras dúas columnas adicaranse ós temas das miñas paisaxes e paisaxes referentes, ata completar o total de seis.
-Ó intervir nas columnas houbo que despendurar as papeleiras, o que nos deu a posibilidade de recuperalas, xa que o seu estado non era demaisado bo (despintadas e deformadas)
De novo o departamento de Tecnoloxía bríndase a colaborar, e co grupo de 3º PDC restáuranse, recupéraselles a forma, líxanse, faise o deseño dun icono de reciclaxe diferente para cada papeleira e píntanse, deixando o icono co material bruto (para o que se protexe cunha máscara elaborada con cita de pintor antes de pintala). Finalmente deséñase una tipografía cunha mensaxe relacionada coa ecoloxía.
-No chan os alumnos farán un cambio de escala dende un plano da sala, que previamente se mediu e sobre o que se superpón o plano da ría de vigo, de xeito que cada baldosa se corresponde cunha retícula de cadrados de 500 metros de lado. Os alumnos por grupos van identificando a través do plano cada cadrado e cubren con vinilo o prefil da ría. Este proxecto pode permanecer, xa que o vinilo é un material que resiste bastante ben as pegadas, e pode enriquecerse con intervencións posteriores (identificando sobre él diferentes zonas da cidade).
-Sobre o sistema expositivo de paneis do centro prepáranse as propostas dos catro grupos de traballo de 3º ESO, Noutro dos paneis preséntanse o resto de actividades desenvolvidas durante o curso e os debuxos realizados tamén polos alumnos de 1º ESO.
-Pendúrase a colcha cosida no primeiro trimestre acompañando un dos murais, e no parterre do mesmo faise una limpeza de follas secas e poda de plantas mortas, xa que durante todo o ano foi un espazo descoidado.
-Como unha acción de chamada plántase unha orquídea (planta que pode aguantar ben as temperaturas de interior, pero que precisará que alguén teña conta dela para non correr a mesma sorte que as demáis) simbolizando a posibilidade que temos de cambiar e mellorar as nosas paisaxes cotiás.
Quedou pendente un obadoiro de reciclaxe de
papel, outro de encadernación de libretas e máis ideas que foron xurdindo
durante o curso para as que non houbo o tempo suficiente pero que poden ser propostas para o seguinte curso.
















moi interesante ..que sorte teñen algúns nenos e nenas de terte de profe.
ResponderEliminarMoitas grazas!
ResponderEliminarMoitas grazas!
ResponderEliminar