martes, 2 de xuño de 2015

reciclar papeis, espazos, lugares, ideas (IES)


Nas últimas semanas de curso nos centramos en ensinar no centro os traballos feitos ó longo do curso. De novo a sala de columnas vai ser o lugar escollido e van ser varios os traballos que se desenvolverán ó mesmo tempo:
-O mosaico de texturas ocupará dúas das paredes da sala, seguindo un proceso aleatorio de montaxe no que van intervindo todos os alumnos.





-Nas propias columnas unificarase a cor  forrándoas con papel, cada una das columnas representará un área estudada, e os alumnos libremente debuxarán paisaxes retidas na súa memoria. Outras dúas columnas adicaranse ós temas das miñas paisaxes e paisaxes referentes, ata completar o total de seis.



-Ó intervir nas columnas houbo que despendurar as papeleiras, o que nos deu  a posibilidade de recuperalas, xa que o seu estado non era demaisado bo (despintadas e deformadas) 


De novo o departamento de Tecnoloxía bríndase a colaborar, e co grupo de 3º PDC restáuranse, recupéraselles a forma, líxanse, faise o deseño dun icono de reciclaxe diferente para cada papeleira e píntanse, deixando o icono co material bruto (para o que se protexe cunha máscara elaborada con cita de pintor antes de pintala). Finalmente deséñase una tipografía cunha mensaxe relacionada coa ecoloxía.


-No chan os alumnos farán un cambio de escala dende un plano da sala, que previamente se mediu e sobre o que se superpón o plano da ría de vigo, de xeito que cada baldosa se corresponde cunha retícula de cadrados de 500 metros de lado. Os alumnos por grupos van identificando a través do plano cada cadrado e cubren con vinilo o prefil da ría. Este proxecto pode permanecer, xa que o vinilo é un material que resiste bastante ben as pegadas, e pode enriquecerse con intervencións posteriores (identificando sobre él diferentes zonas da cidade).




-Sobre o sistema expositivo de paneis do centro prepáranse as propostas dos catro grupos de traballo de 3º ESO, Noutro dos paneis preséntanse o resto de actividades desenvolvidas durante o curso  e os debuxos realizados tamén polos alumnos de 1º ESO.





-Pendúrase a colcha cosida no primeiro trimestre acompañando un dos murais, e no parterre do mesmo faise una limpeza de follas secas e poda de plantas mortas, xa que durante todo o ano foi un espazo descoidado.





-Como unha acción de chamada plántase unha orquídea (planta que pode aguantar ben as temperaturas de interior, pero que precisará que alguén teña conta dela para non correr a mesma sorte que as demáis)  simbolizando a posibilidade que temos de cambiar e mellorar as nosas paisaxes cotiás.







Quedou pendente un obadoiro de reciclaxe de papel, outro de encadernación de libretas e máis ideas que foron xurdindo durante o curso para as que non houbo o tempo suficiente pero que poden ser propostas para o seguinte curso.

luns, 1 de xuño de 2015

mudar paisaxes (AULA)


Cada aula prepara un panel onde tentan resumir o traballado: o plano no pasado e presente, as propostas de futuro, as paisaxes percibidas e debuxadas.




Trabállase tamén o modo de presentación e representación sobre o panel. Unifícanse formatos e fondos e escóllense as imaxes que entende máis representativas.






Os grupos de 1ºA e 1ºC realizan na terceira avaliación maquetas en grupos sobre paisaxes simbólicas nos países anglosaxóns (big ben, empire state, ponte de Londres, …) e sobre propostas para diferentes paisaxes escollidas por eles mesmos (dreaming house, ponte sobre a ría, novo estadio de fútbol, ximnasio, parque de atraccións).

venres, 29 de maio de 2015

analizar paisaxes (AULA)



O paso seguinte nos grupos de traballo das catro zonas escollidas no paseo foi o de analizar a través do plano o estado actual de cada área, identificar os cambios respecto do pasado, cun tema fundamental que é a relación co mar e os diferentes aspectos da trama urbana: espazos verdes, prazas, rúas, edificios.

Os grupos analizan estes elementos e proponen melloras para cada tema. Logo cada grupo escolle un representante e éstes reúnense para tentar facer una proposta común. Logo serán eles mensmos quen se califiquen.

luns, 25 de maio de 2015

Xeometrías mentais

David 3ºA


Exponse na aula o traballo de M. C. Escher como exemplo de fusión da xeometría e a composición. Explícanse os diferentes tipos de malla espacial e proponse como exercicio práctico a creación dunha “paisaxe mental”: a traves da xeometría o alumno debe explorar as posibilidades de representación deixándose levar pola súa propia intuición.

circulo cromático Nicolas1ºB

círculo cromático Lucía 3ºB

composcion triángulos Alba 1ºB

composición triángulos Martín 1ºB
Aitana 3ºPDC
Santiago 3ºC

Noelia R 3ºD

Esther 3ºC


Noa 3ºD

Eva 3ºD

Judith 3ºPDC
Rita 3ºD
Pablo 3ºA






venres, 22 de maio de 2015

Paisaxe na arte galega (AULA-BIBLIO-REDE)



Trátase neste caso que os alumnos por parellas escolla un artista galego e analicen o tratamento da paisaxe na súa obra. Tentamos aprender cómo analizar a pintura tocando os diferentes temas: cor, técnica, perspectiva, composición, estilo, temática e tamén a propia interpretación dos alumnos.

mércores, 20 de maio de 2015

outras visións (IES)



Organízanse un ciclo de charlas para que os alumnos teñan diferentes visións de varios poñentes sobre os temas e a áres que traballamos e visitamos:

Martes 5 de maio: Fotografía das paisaxes, por Ana Fresco.
Ana fresco ademáis de ser profesora de lingua española no IES é tamén fotógrafa. Prestouse a colaborar e presentoulles ós alumnos un breve percorrido sobre a fotografía deautor, centrándose na temática de paisaxe e contándolles tamén algúns aspectos técnicos: composición (regra dos tercios, temática, interpretación, o que lles deu ós alumnos novas perspectivas de cómo ollar a paisaxe a través da cámara e da vista personal de cada autor-

Luns 11 de maio: Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atláticas de Galicia, por Beatriz Gamallo Liste e Ana Vilas Paz.
Beatriz e Ana, gardas do parque nacional amosáronos a transcendencia que ten a figura do parque nacional como figura legal para preservar os espazos naturais de interés e realizar actuacións de conservación e mellora destes espazos. Falaron de cómo o home intervén nas paisaxes con actuacións negativas e positivas, que poden deteriorar ou mellorar o medio natural e facelo convivir coa acción humana. Estratexias de conservación e mellora destes espazos dende a óptica ecoloxista, conservacionista e didáctica destes lugares.

Mércores 13 de maio: Bouzas, olladas salgadas, por Puri Pérez Leirós.
Puri falounos do barrio de bouzas dende a perspectiva de habitante do barrio e tamén como autora do libro “Bouzas olladas salgadas” onde fai un percorrido histórico polos espazos desta antiga vila, hoxe incorporada á cidade de Vigo. A súa experiencia pedagóxica con rapazes de secundaria, xa que foi profesora de Ciencias Sociais, permitiulle achegarse máis de perto á percepcións dos alumnos, traballando a través dos debuxos que eles previamente realizaran e descobríndolles datos históricos e sociais que descoñecían, deixando clara a orixe mariñeira deste emprazamento e a súa evolución tanto espacial como económia e social.

Xoves 14 de maio: Arte e natureza no mundo e en Galicia, por Antón Sobral Igleisas.
Antón Sobral, artista plástico multidisciplinar, antigo decano e profesor de Arte na Escola Superior de Conservación  e Restauración de Bens Culturais en Pontevedra, fixo un percorrido pola obra de diferentes autores internacionais que traballan a paisaxe nas súas obras, para logo centrarse en actuacións realizadas en Galicia e obradoiros que el organiza con diversos artistas. A súa charla abriulles ós alumnos novas visións das intervencións artísticas na paisaxe, e modos de intervir nela, dende obras de recoñecemento internacional ata experiencias locais relacionadas coa paisaxe e cultura galegas.

Venres 15 de maio: Rexeneración das dunas da Praia da Fontaíña, por Diego Rodríguez Vieites.
Diego veu como representante do grupo ecoloxita ERVA, que realizou una das intervencións pioneiras da rexeneración de dunas. Explicounos o proceso de conservación e mellora dos espazos dunares e  as estratexias de actuación para a súa rexeneración e mantemento. Esta acción tivo repercusión en actuacións posteriores en outras praias nas que serviu de exemplo.

Venres 15 de maio: Ensanche de García Olloqui, por Marta Filgueira.
Marta Filgueira, historiadora da arte e con estudos feitos sobre esta zona de ensanche da cidade de Vigo, fixo un percorrido histórico polos proxectos e actuacións nesta zona da cidade, primeiro crecemento planificado extramuros. Amosounos imaxes da evolución tanto dos espazos públicos e portuarios como das edificacións na zona e arepercusión para o crecemento do resto da cidade.

Luns 18 de maio: As rúas do casco vello de Vigo, por Eduardo e Damián Giménez.

Pai e fillo foron residentes do casco vello en diferentes épocas: Eduardo de pequeno, cando esta zona se convertía en todo o seu mundo, onde xogaba e protagonizaba a vida do barrio central dunha cidade en pleno crecemento. Estas experiencias do casco vello a través dos ollos dun neno foron as que nos transmitiu. Damián, residente actual, profesor de historia, complementou a visión con referencias de imaxes do pasado, revisando unhas paisaxes desaparecidas ou modificadas na actualidade.

luns, 11 de maio de 2015

Logo paisaxe

Tania 3ºB


Fíxose unha aproximación ó concepto de marca para ver o seu uso na publicidade gráfica, definindo conceptos de icono, tipografía asociada a un producto e lema. Analizouse a filosofía que hai detrás de cada producto e por último tratouse de incorporar estes conceptos á idea de PAISAXE, deseñando logo, tipografía e lema e explicando a filosofía que quería comunicar, tentando transmitir conceptos de ecoloxía e sustentabilidade.

David 3ºA
Laura 3ºB
Cristina 3ºD

Marta 3ºB

Elia 3ºB

Pablo 3ºB

Paula 3ºB

Alicia 3ºPDC

Lucía P. 3ºC

Eva 3D