Organízanse un ciclo de charlas para que os
alumnos teñan diferentes visións de varios poñentes sobre os temas e a áres que
traballamos e visitamos:
Martes 5 de maio: Fotografía das paisaxes,
por Ana Fresco.
Ana fresco ademáis de ser profesora de lingua
española no IES é tamén fotógrafa. Prestouse a colaborar e presentoulles
ós alumnos un breve percorrido sobre a fotografía deautor, centrándose na
temática de paisaxe e contándolles tamén algúns aspectos técnicos: composición
(regra dos tercios, temática, interpretación, o que lles deu ós alumnos novas
perspectivas de cómo ollar a paisaxe a través da cámara e da vista personal de
cada autor-
Luns 11 de maio: Parque Nacional Marítimo
Terrestre das Illas Atláticas de Galicia, por Beatriz Gamallo Liste e Ana Vilas
Paz.
Beatriz e Ana, gardas do parque nacional
amosáronos a transcendencia que ten a figura do parque nacional como figura
legal para preservar os espazos naturais de interés e realizar actuacións de
conservación e mellora destes espazos. Falaron de cómo o home intervén nas
paisaxes con actuacións negativas e positivas, que poden deteriorar ou mellorar
o medio natural e facelo convivir coa acción humana. Estratexias de
conservación e mellora destes espazos dende a óptica ecoloxista, conservacionista
e didáctica destes lugares.
Mércores 13 de maio: Bouzas, olladas
salgadas, por Puri Pérez Leirós.
Puri falounos do barrio de bouzas dende a
perspectiva de habitante do barrio e tamén como autora do libro “Bouzas olladas
salgadas” onde fai un percorrido histórico polos espazos desta antiga vila,
hoxe incorporada á cidade de Vigo. A súa experiencia pedagóxica con rapazes de
secundaria, xa que foi profesora de Ciencias Sociais, permitiulle achegarse
máis de perto á percepcións dos alumnos, traballando a través dos debuxos que
eles previamente realizaran e descobríndolles datos históricos e sociais que
descoñecían, deixando clara a orixe mariñeira deste emprazamento e a súa
evolución tanto espacial como económia e social.
Xoves 14 de maio: Arte e natureza no mundo
e en Galicia, por Antón Sobral Igleisas.
Antón Sobral, artista plástico
multidisciplinar, antigo decano e profesor de Arte na Escola Superior de
Conservación e Restauración de Bens Culturais en Pontevedra, fixo un
percorrido pola obra de diferentes autores internacionais que traballan a
paisaxe nas súas obras, para logo centrarse en actuacións realizadas en Galicia
e obradoiros que el organiza con diversos artistas. A súa charla abriulles ós
alumnos novas visións das intervencións artísticas na paisaxe, e modos de
intervir nela, dende obras de recoñecemento internacional ata experiencias
locais relacionadas coa paisaxe e cultura galegas.
Venres 15 de maio: Rexeneración das dunas
da Praia da Fontaíña, por Diego Rodríguez Vieites.
Diego veu como representante do grupo
ecoloxita ERVA, que realizou una das intervencións pioneiras da rexeneración de
dunas. Explicounos o proceso de conservación e mellora dos espazos dunares
e as estratexias de actuación para a súa
rexeneración e mantemento. Esta acción tivo repercusión en actuacións
posteriores en outras praias nas que serviu de exemplo.
Venres 15 de maio: Ensanche de García
Olloqui, por Marta Filgueira.
Marta Filgueira, historiadora da arte e con
estudos feitos sobre esta zona de ensanche da cidade de Vigo, fixo un
percorrido histórico polos proxectos e actuacións nesta zona da cidade,
primeiro crecemento planificado extramuros. Amosounos imaxes da evolución tanto
dos espazos públicos e portuarios como das edificacións na zona e arepercusión
para o crecemento do resto da cidade.
Luns 18 de maio: As rúas do casco vello de
Vigo, por Eduardo e Damián Giménez.
Pai e fillo foron residentes do casco vello
en diferentes épocas: Eduardo de pequeno, cando esta zona se convertía en todo
o seu mundo, onde xogaba e protagonizaba a vida do barrio central dunha cidade
en pleno crecemento. Estas experiencias do casco vello a través dos ollos dun
neno foron as que nos transmitiu. Damián, residente actual, profesor de
historia, complementou a visión con referencias de imaxes do pasado, revisando
unhas paisaxes desaparecidas ou modificadas na actualidade.