Un dos traballos de curso na programación é o de tratamento de cor e texturas: gamas monocromáticas, bicromáticas, texturas xeométricas e orgánicas. Neste caso tratouse de buscar unha referencia no propio edificio para a modulación das mallas que servirían para os patróns do traballo, e tomouse como base a modulación do mosaico das columnas da sala de entrada ó edificio: un mosaico de 25 x 25 mm., que daba un módulo de traballo de 8 x 8 casillas e un cadrado de 20 x 20 cm. Con este módulo traballáronse os diferentes temas, sempre cuna primeira lámina de mostra e unha segunda de composición libre, ata un total de 8 láminas por alumno (gamas monocromáticas, bicromáticas, texturas xeométricas, orgánicas)
venres, 27 de marzo de 2015
paisaxe de texturas (AULA-CENTRO)
Un dos traballos de curso na programación é o de tratamento de cor e texturas: gamas monocromáticas, bicromáticas, texturas xeométricas e orgánicas. Neste caso tratouse de buscar unha referencia no propio edificio para a modulación das mallas que servirían para os patróns do traballo, e tomouse como base a modulación do mosaico das columnas da sala de entrada ó edificio: un mosaico de 25 x 25 mm., que daba un módulo de traballo de 8 x 8 casillas e un cadrado de 20 x 20 cm. Con este módulo traballáronse os diferentes temas, sempre cuna primeira lámina de mostra e unha segunda de composición libre, ata un total de 8 láminas por alumno (gamas monocromáticas, bicromáticas, texturas xeométricas, orgánicas)
venres, 27 de febreiro de 2015
Arte e Natureza: LAND ART (AULA-REDE)
traballo
individual dun artista de land art
a
paisaxe como medio expresivo
os
materiais do propio lugar como recurso para a expresión plástica
A
decisión de traballar sobre o land art ten unha referencia evidente
á idea de paisaxe, xa que a filosofía de partida sempre é a de
obras de arte que parten do entendemento do lugar e das súas
cualidades, e como a intervención humana pode facer máis evidente
estas cualidades, en definitiva darlles un valor cultural. Os alumnos
descubren asi un novo modo de traballo e representación do feito
artístico, tratandose na maior parte dos casos de obras efémeras
que teñen a súa conexión co público a traves da fotografía ou a
reportaxe audiovisual.
luns, 19 de xaneiro de 2015
Arte e Lixo (EXPOS)
contacto
coa arte contemporánea, concepto de arte conceptual e novas
estéticas
O
lixo como material para a arte: deseño e reciclaxe, arte
comprometido coa ecoloxía e o medio. Análise
dos materiais plásticos. Durabilidade e degradación.
Arte contemporánea e novas estéticas. A obra de Ignacio Uriarte como proceso de investigación entre o mundo analóxico e dixital.
luns, 15 de decembro de 2014
Bosque de nadal (CENTRO)
Representación
no patio de columnas do centro (edificio deseñado polo arquitecto
Jenaro de la Fuente) dun bosque
Traballo
colectivo e de representación no propio centro
Proponse como instalación de nadal un bosque aproveitando as columnas do espazo de entrada ó centro. A instalación execútana os propios alumnos como colectivo e colgan os seus adonrnos de nadal realizados con materiais reutilizados: cartón, calcetíns, papel de revista,...
As
árbores das columnas gustan e decidese prolongar a súa instalación
ata o mes de marzo. Enténdese como un xeito de destacar a calidade
espacial desta zona. Doutra banda apreciase como dita columnata, cun
acabado orixinal de mosaico claro, se atopa na actualidade pintada en
dous tons a media altura que rompen o espazo. Unha proposta a longo
prazo sería ou ben restaurar o mosaico orixinal ou darlle un novo
acabado homoxéneo en toda a súa altura para recuperar a calidade
espacial orixinal. (comezamos a falar do valor cultural e patrimonial
do edificio e da importancia no mantemento dos espazos que habitamos)
venres, 12 de decembro de 2014
O noso centro (CENTRO)
recoñecemento
do propio espazo ocupado e vivido polos alumnos
contacto
co espazo material e a súa representación: a perspectiva
identificación
dos lugares confortables e incómodos
Tratouse
en varios momentos do curso de explorar os propios espazos do centro
educativo, sobre todo nos espazos comúns, para analizalos e explorar
as súas posibilidades. Informamonos sobre a historia do propio
edificio, a data na que se construiu, o lugar, o arquitecto (Jenaro
de la Fuente) e o estilo, un dos mellores exemplos da cidade da
primeira arquitectura racionalista. Sairon ós corredores para
representar os espazos e ter un primeiro contacto coa representación
tridimensional. Logo desta primeira experiencia explicamos a
perspectiva cónica e o uso dos seus elementos fundamentais: a liña
de horizonte, os puntos de fuga, o punto de vista e o encadre.
mércores, 10 de decembro de 2014
Selfie (FOTO-AUTORRETRATO)
autorretratos
cos móbiles dos alumnos
identificación
da propia imaxe
traballo
do concepto de privacidade e personalidade
Falamos algo do papel da publicidade, das
redes sociais e os conceptos do que para cada un significa a
privacidade, concepto bastante confuso nestas épocas. Presentamos un vídeo da campaña de dove belleza real e plantexamos o tema da imaxe e o retoque fotográfico na publicidade, os estereotipos retocados e a falta de expresividade e personalidade da imaxe final, tentamos cambiar a perspectiva do aceptado como canon de beleza na nosa sociedade...
tamen a diferencia entre como nos vemos e como nos ven os demáis
tamen a diferencia entre como nos vemos e como nos ven os demáis
Outro
tema a tratar é o uso dos medios tecnolóxicos que agora mesmo os
alumnos teñen ó seu alcance, e o escaso uso pedagóxico que se fai
en xeral deles, tal vez por medo ou falta de control sobre tal uso. O camiño só parece un: aprender a empregalos no noso favor, analizar e ser críticos, construtivos.
luns, 8 de decembro de 2014
Eu son
Este proxecto tentou identificar ó
individuo para crear conciencia propia individual e colectiva como
primeiro paso para logo identificar os lugares que habitamos.
planificamos varias fases, dende as iniciais de curso, onde nos identificabamos fronte ó grupo e buscabamos unha imaxe de grupo conxunta ata o uso dunha tipografía técnica na que cada un aproveitase para describirse, como un autorretrato escrito.
o grupo:
![]() |
deseño
do logotipo da clase individual e selección grupal.
primeiro bosquexo individual e selección en grupo, segundo bosquexo sobre a idea de grupo e selección final do logotipo.
tentouse
asi traballar unha imaxe do colectivo e unha primeira aproximación ó
mundo do deseño.
deseño do logotipo do grupo
traballamos tamén a identificación a traves do deseño dunha carpeta con material reciclado, o custo debía ser cero e os materiais reaproveitados.
o individuo:
como excusa de facer a ficha de aula propúxoselles ós alumnos que deseñasen o seu propio nome, no que identificarían tamén o grupo ó que pertencían co deseño do traballo anterior e facerse unha fotografía co seu nome. Tentouse convencer, pero non se forzou a facelo a aqueles alumnos que non querían participar (respecto deste tema hai moito traballo par facer no tocante á aceptación da propia imaxe, ó uso desta e o concepto de imaxe pública e privada, algo deste traballo se fixo na aula analizando a nosa imaxe e os modelos que se empregan na publicidade)
descrición
da propia personalidade
eleboración
individual dun díptico con montaxe colectivo no centro
Un
traballo xa preestablecido do curso era o de incorporar unha
tipografía técnica para rotular os exercicios (en concreto a
ISOCPEUR), cun traballo mecánico, case caligráfico, no que se
introduciron os conceptos de segmento e arco como conformadores do
grafismo, entendendo tamén a letra como debuxo e a tipografía como
elemento gráfico común de comunicación. Logo da práctica de
aprendizaxe plantexouse o seu uso para autodefinirse: eu son... onde
cada un se calificaba libremente e logo expoñía nun breve párrafo
o porqué desa definición.
Finalmente
se fixo unha exposición nunha parede do centro, onde cada un
penduraba o seu propio “eu son” ata conformar un conxunto de
igual forma e diferente contido.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
























