luns, 19 de xaneiro de 2015

Arte e Lixo (EXPOS)


visita ás exposicións:


contacto coa arte contemporánea, concepto de arte conceptual e novas estéticas

O lixo como material para a arte: deseño e reciclaxe, arte comprometido coa ecoloxía e o medio. Análise dos materiais plásticos. Durabilidade e degradación.

Arte contemporánea e novas estéticas. A obra de Ignacio Uriarte como proceso de investigación entre o mundo analóxico e dixital.

luns, 15 de decembro de 2014

Bosque de nadal (CENTRO)


Representación no patio de columnas do centro (edificio deseñado polo arquitecto Jenaro de la Fuente) dun bosque
a iconografía como recurso para a memoria do espazo natural.





Traballo colectivo e de representación no propio centro


Proponse como instalación de nadal un bosque aproveitando as columnas do espazo de entrada ó centro. A instalación execútana os propios alumnos como colectivo e colgan os seus adonrnos de nadal realizados con materiais reutilizados: cartón, calcetíns, papel de revista,...

As árbores das columnas gustan e decidese prolongar a súa instalación ata o mes de marzo. Enténdese como un xeito de destacar a calidade espacial desta zona. Doutra banda apreciase como dita columnata, cun acabado orixinal de mosaico claro, se atopa na actualidade pintada en dous tons a media altura que rompen o espazo. Unha proposta a longo prazo sería ou ben restaurar o mosaico orixinal ou darlle un novo acabado homoxéneo en toda a súa altura para recuperar a calidade espacial orixinal. (comezamos a falar do valor cultural e patrimonial do edificio e da importancia no mantemento dos espazos que habitamos)

venres, 12 de decembro de 2014

O noso centro (CENTRO)


recoñecemento do propio espazo ocupado e vivido polos alumnos
contacto co espazo material e a súa representación: a perspectiva
identificación dos lugares confortables e incómodos
 representación bidimensional: medir e representar a escala

 montaxe de exposicións e accións no centro

Tratouse en varios momentos do curso de explorar os propios espazos do centro educativo, sobre todo nos espazos comúns, para analizalos e explorar as súas posibilidades. Informamonos sobre a historia do propio edificio, a data na que se construiu, o lugar, o arquitecto (Jenaro de la Fuente) e o estilo, un dos mellores exemplos da cidade da primeira arquitectura racionalista. Sairon ós corredores para representar os espazos e ter un primeiro contacto coa representación tridimensional. Logo desta primeira experiencia explicamos a perspectiva cónica e o uso dos seus elementos fundamentais: a liña de horizonte, os puntos de fuga, o punto de vista e o encadre.

mércores, 10 de decembro de 2014

Selfie (FOTO-AUTORRETRATO)


autorretratos cos móbiles dos alumnos
identificación da propia imaxe
traballo do concepto de privacidade e personalidade



Tentouse aproveitar o tiron dos selfies para falar da propia imaxe e do que queremos ou non compartir e facer ou non público. Este traballo debería ter un tratamento máis extenso, xa que en grande parte dos casos os adolescentes non aceptan a súa propia imaxe, tal vez demasiado influenciados polos estereotipos introducidos nos medios de comunicación e a imaxe estandarizada de beleza, o que produce neles unha certa frustración e unha negación da propia imaxe, asi como unha perda de espontaneidade e a escasa valoración da propia expresividade e da cualidade da imaxe como comunicadora de sensibilidades diversas. 
Falamos algo do papel da publicidade, das redes sociais e os conceptos do que para cada un significa a privacidade, concepto bastante confuso nestas épocas. Presentamos un vídeo da campaña de dove belleza real e plantexamos o tema da imaxe e o retoque fotográfico na publicidade, os estereotipos retocados e a falta de expresividade e personalidade da imaxe final, tentamos cambiar a perspectiva do aceptado como canon de beleza na nosa sociedade...
tamen a diferencia entre como nos vemos e como nos ven os demáis

Outro tema a tratar é o uso dos medios tecnolóxicos que agora mesmo os alumnos teñen ó seu alcance, e o escaso uso pedagóxico que se fai en xeral deles, tal vez por medo ou falta de control sobre tal uso. O camiño só parece un: aprender a empregalos no noso favor, analizar e ser críticos, construtivos.

luns, 8 de decembro de 2014

Eu son

Este proxecto tentou identificar ó individuo para crear conciencia propia individual e colectiva como primeiro paso para logo identificar os lugares que habitamos.
planificamos varias fases, dende as iniciais de curso, onde nos identificabamos fronte ó grupo e buscabamos unha imaxe de grupo conxunta ata o uso dunha tipografía técnica na que cada un aproveitase para describirse, como un autorretrato escrito.

o grupo:




deseño do logotipo da clase individual e selección grupal.
primeiro bosquexo individual e selección en grupo, segundo bosquexo sobre a idea de grupo e selección final do logotipo.
tentouse asi traballar unha imaxe do colectivo e unha primeira aproximación ó mundo do deseño.

deseño do logotipo do grupo

 traballamos tamén a identificación a traves do deseño dunha carpeta con material reciclado, o custo debía ser cero e os materiais reaproveitados.


deseño da carpeta de curso de cada alumno 

o individuo:


deseño do nome de cada alumno incorporando o logotipo da clase

como excusa de facer a ficha de aula propúxoselles ós alumnos que deseñasen o seu propio nome, no que identificarían tamén o grupo ó que pertencían co deseño do traballo anterior e facerse unha fotografía co seu nome. Tentouse convencer, pero non se forzou a facelo a aqueles alumnos que non querían participar (respecto deste tema hai moito traballo par facer no tocante á aceptación da propia imaxe, ó uso desta e o concepto de imaxe pública e privada, algo deste traballo se fixo na aula analizando a nosa imaxe e os modelos que se empregan na publicidade)

Eu son...

aprendizaxe dunha tipografía técnica, enlaces e tanxencias
descrición da propia personalidade
eleboración individual dun díptico con montaxe colectivo no centro











Un traballo xa preestablecido do curso era o de incorporar unha tipografía técnica para rotular os exercicios (en concreto a ISOCPEUR), cun traballo mecánico, case caligráfico, no que se introduciron os conceptos de segmento e arco como conformadores do grafismo, entendendo tamén a letra como debuxo e a tipografía como elemento gráfico común de comunicación. Logo da práctica de aprendizaxe plantexouse o seu uso para autodefinirse: eu son... onde cada un se calificaba libremente e logo expoñía nun breve párrafo o porqué desa definición.
Finalmente se fixo unha exposición nunha parede do centro, onde cada un penduraba o seu propio “eu son” ata conformar un conxunto de igual forma e diferente contido.

mércores, 26 de novembro de 2014

Enlaza Vigo (AULA-PRÍNCIPE)



Enlaza Vigo é un proxecto promovido polo concello de Vigo que trata de formar ós xóvenes na igualdade de xénero e previr conductas que fomenten calquera tipo de violencia relacionada con este tema. Nesta edición centrouse en tratar os problemas relacionados co ciberacoso.



actividades:
deseño de dous carteis contra o ciberacoso
traballo previo individual a escala e selección entre os grupos dos carteis representantes
traballo colectivo dos carteis e cambio de escala
intervención no espazo público




Esta actividade permitiu facer un traballo de escolla que partía da proposta individual, implicaba un proceso colectivo de elaboración e unha intervención final no espazo público da cidade, o que da a posibilidade de que os alumnos vexan reflectidas as súas ideas e decisións nos lugares da cidade que habitan. Ó tempo que analizan novas problemáticas sociais conforman unha paisaxe efémera.


martes, 25 de novembro de 2014

A colcha solidaria (AULA)


traballo cooperativo e de igualdade, valoración dun traballo tradicional da muller





Este proxecto céntrase fundamentalmente no recoñecemento da igualdade de xénero, e como proceso escolle a costura, actividade relacionada tradicionalmente co mundo da muller, facendo unha posta en valor deste traballo que ademáis ofrece outros valores educativos transcendentes: o traballo colectivo, o contacto entre iguais, a cooperación e coordinación de traballos: marcar, cortar, coser, compor. Desenvolve os conceptos estéticos e xeométricos de malla, ortogonalidade, proporción, escala, textura, cor, contraste. Pero tamén configura finalmente unha Paisaxe recoñecible e identificable, e unha ver rematada a colcha comeza a convivir cos espazos do centro.